terça-feira, 27 de outubro de 2015

CONTINUACIÓN DO EXERCICIO CON BARRO

Xa colgara anteriormente o principio do proceso de amasadon o barro, agora colgarei as fotos do resto do proceso ata o resultado final. Á parte das diferentes construcións, tamén fixeron modelado figura humana, partindo dunha proposta de non modelar de xeito realista, senón esquematicamente. Xa veredes que solucións tan creativas!





















TRABALANDO CON TEXTURAS

Aquí van unhas imaxes do grupo de nen@s de Pitufolandia en Padrón, é un exercicio sobre abstracción. Primeiro traballan as texturas e logo unha convinación de cores complementarias. Xa teño colgado algunhas imaxes deste exercicio con outros grupos de traballo, pero como é que cada vez que fan o exercicio é diferente, aquí temos uns novos resultados.














segunda-feira, 28 de setembro de 2015

ACTUALIZACIÓN DE INFORMACIÓN

Xa fai uns meses que ando tan liada que non tiven tempo de meter novas entradas no blogue así que, nestes días, tratarei de ir subindo novas imaxes dos talleres de pintura. Vou comezar por uns contos e banda deseñada que fixeron @s alumn@s de Carcacia. Para os cales, trouxeron os seus contos preferidos da casa, estivemos analizándoos e, posteriormente, inventaron as súas historias e deseñaron o contido. Aquí van algunhas imaxes!











terça-feira, 19 de maio de 2015

VIDEO D@S ALUMN@S DE CARCACIA

Aquí vai este fantástico vídeo d@s alumn@s de Carcacia. Narra o proceso de realización dun cadro abstracto, traballando con texturas, combinación de unha catricomía de cores complementarias e a xestualidade á hora de aplicar a pintura. É un traballo fantástico!! Para o cal, como punto de partida, estivemos analizando obras de diferentes autores que traballaran con abstracción. Colgo aquí tamén algunhas imaxes destas obras e despois o vídeo.



AD REINHARD
 Buffalo (New York,1913;New york, 1967), pintor e escritor, pioneiro da arte conceptual e do minimalismo.








ALBERTO BURRI
Alberto Burri (Cittá di Castello, 1915 - Niza, 1995), foi un pintor e escultor abstracto italiano.
 





JOAN MIRÓ
Joan Miró i Ferrà (Barcelona 1893-Palma de Mayorca 1983) fui un pintor, escultor, grabador e ceramista catalán, considerado un dos máximos representantes do surrealismo.








JACKSON POLLOCK
Paul Jackson Pollock (Cody, Wyoming, 1912-Springs, New York, 1956), máis coñecido como Jackson Pollock, fui un influinte pintor estadounidense e unha importante figura no movimento do expresionismo abstracto. Era recoñecido polo seu estilo único de salpicar pintura.





TALLER DE PINTURA DE CARCACÍA
Proceso de creación dun cadro abstracto
 Música "Liou Ar C'hreiz" por Alain Genty. Do disco: La Couleur Du Milieu


segunda-feira, 8 de dezembro de 2014

TERCEIRA ENTREGA DO TALLER EN ZACANDE

Este é o grupo de persoas adultas que veñen ao taller, xa veredes que hai diferentes tipos de traballos e tamén niveis de aprendizaxe. Botade un ollo no que andan a traballar.