quarta-feira, 12 de novembro de 2014

CHEGOU O MOMENTO ADULTO

Este blogue comezou como un espazo para difundir e visualizar os traballos dos grupos de nen@s ás que dou aulas, tamén o meu traballo con el@s. Agora  propóñome difundir o traballo que fago nos talleres con persoas adultas. As alumnas destes talleres son mulleres, á excepción dun caso, curioso...ou non. Estou acostumada a ver máis mulleres nas clases de inglés, na facultade, na ximnasia. Pero pola contra iso non se traduce en que vexa máis artistas mulleres nas exposicións,etc... Deixaremos este debate para outra ocasión.

Quero dicir que xa levo uns anos traballando con estes grupos de mulleres, así que hai certa confianza e coñecemento das persoas que asisten as clases. Cada unha delas garda unha historia persoal e do seu contacto coa pintura, irei comentando algunha destas historias no blogue, tratando de non vulnerar espazos persoais e co consentimento delas. Creo que estas historias persoais son interesante para analizar o que supón a pintura para estas mulleres adultas.
Comezarei polo grupo da Asociación  de Mulleres Rurais Adro Vello de O Grove