segunda-feira, 8 de dezembro de 2014

TERCEIRA ENTREGA DO TALLER EN ZACANDE

Este é o grupo de persoas adultas que veñen ao taller, xa veredes que hai diferentes tipos de traballos e tamén niveis de aprendizaxe. Botade un ollo no que andan a traballar.










sábado, 6 de dezembro de 2014

TALLER DE ZACANDE

Aquí vai un vídeo da actividade con barro do taller de Zacande, espero que o gocedes!




terça-feira, 2 de dezembro de 2014

O TALLER EN ZACANDE

Velaquí o traballo do grupo de cativ@s do meu taller de pintura en Meis, o taller está en Zacande. É un lugar moi especial, por ser o meu taller de pintura, e a contorna onde se atopa é ben linda. Xa estades ubicad@s!

Vou ir colgando unhas imaxes dun traballo que comezamos hai dúas semanas,  proposta: a realización de diferentes tipos de casas con barro. Hai unha primeira fase deste traballo que consiste en amasar o barro, é un traballo de constancia, presión, axilidade...o barro ten que estar no punto exacto para traballar con el, é como se fose unha masa para un pan, hai que amasalo de xeito semellante.Aquí van as imaxes da primeira fase do exercicio, o amasado. Xa veredes que ben o pasaron!!