Onte estivemos visitando a exposición da Gal
ería Besada. Agora mesmo e ata o seis de maio ten pinturas do artista Uxío López, nado en Irún pero afincado en Vilagarcía. Son obras abstractas marcadas por unha grande expresividade. O obxecto da nosa visita, foi observar e analizar estas obras, xa que na aula estamos comezando a facer traballos con relación a abstracción. Que mellor oportunidade que ver pinturas abstractas en directo para comprender mellor o sentido da abstracción. E que grande oportunidade que non sempre se ten ao alcance da man!!
Primeiro @s alumn@s adicaron un tempo á observación das obras. Logo, preguntóuselles que había nas obras?, cor, formas non definidas, textura..
Que era o que non había?, casas, persoas, cadeiras..
Logo, que era o que eles vían ou interpretaban? Algúns dixeron, un barco!, uns mexillóns, unha paisaxe nevada con xeo,un paxaro coas as estendidas...
Logo propuxémoslles facer unha interpretación das obras que máis lles gustasen, cos rotuladores de cor e un folio, así estiveron traballando moi concentrad@s no chan da galería facendo as súas propias e marabillosas interpretacións das obras de Uxío. Aquí vai a nosa galería de imaxes!!
Estas dúas últimas semanas estivemos traballando, os grupos dos máis cativ@s... literalmente rirad@s polo chan!! Debuxando a contorna d@s alumn@s en papel continuo,despois tiñan que debuxarse a si mesm@s, ollos, boca, roupa..., no interior e finalmente recortar a silueta.
Neste exercicio @s alumn@s poden traballar con proporción coas que non teñen posibilidades de facelo habitualmente, coa súa escala real. Teriades que ver como gozan da experiencia de estar tombados no chan traballando, ou como se quedan completamente inmóbiles cando lles marco a silueta.
Este é o noso alumno coa súa nai, os dous veñen ás clases de pintura e traballan xuntos. Nico ten unha destreza impresionante con so tres anos. Imos publicar algún dos exercicios que fixo no taller.
Nesta imaxe está facendo un exercicio con tinta chinesa, representando diferentes formas, aquí son froitas e noso modelo que bautizamos como Silverio. A tinta chinesa é un moi bo recurso para traballar, non se apoia a man no papel, iso ofrece máis liberdade para os trazos e a posibilidade de exercitar a firmeza á hora de traballar, sirve para facer liña pero tamén para sombrear.
Neste traballo @s alumn@s tiveron que facer un pequeno borrador coa súa idea para deseñar a súa propia camiseta. Pasalo a limpo nun deseño máis grande, para axeitalo ao tamaño real, calcalo na camiseta e pintalo. Foi un traballo cunha duración longa, n@ que @s alum@s aprenderon a facer un borrador, a deseñar cun sentido irónico e a ter constancia para obter resultados. Para facerlles a proposta deste exercicio estivemos visualizando e analizando os deseños de camisetas de "kukuxumusu", é por isto que na meirande parte dos deseños apareze animais, por referencia ás imaxes vistas.
IMAXES DE KUKUXUMUSU
IMAXES DESEÑOS DE CAMISETAS NEN@S
