sexta-feira, 28 de março de 2014

ONTE ESTIVEMOS DE VISITA NA GALERÍA BESADA

Onte estivemos visitando a exposición da Galería Besada. Agora mesmo e ata o seis de maio ten pinturas do artista Uxío López, nado en Irún pero afincado en Vilagarcía. Son obras abstractas marcadas por unha grande expresividade. O obxecto da nosa visita, foi observar e analizar estas obras, xa que na aula estamos comezando a facer traballos con relación a abstracción. Que mellor oportunidade que ver pinturas abstractas en directo para comprender mellor o sentido da abstracción. E que grande oportunidade que non sempre se ten ao alcance da man!!
Primeiro @s alumn@s adicaron un tempo á observación das obras. Logo, preguntóuselles que había nas obras?, cor, formas non definidas, textura..
Que era o que non había?, casas, persoas, cadeiras..
Logo, que era o que eles vían ou interpretaban? Algúns dixeron, un barco!, uns mexillóns, unha paisaxe nevada con xeo,un paxaro coas as estendidas...
Logo propuxémoslles facer unha interpretación das obras que máis lles gustasen, cos rotuladores de cor e un folio, así estiveron traballando moi concentrad@s no chan da galería facendo as súas propias e marabillosas interpretacións das obras de Uxío. Aquí vai a nosa galería de imaxes!!


   

 

Nenhum comentário: