![]() | ||||||
ESTE QUERE SER UN ESPAZO PARA O COÑECEMENTO DA PLÁSTICA, A CREACIÓN E A APRENDIZAXE.
segunda-feira, 8 de dezembro de 2014
TERCEIRA ENTREGA DO TALLER EN ZACANDE
Este é o grupo de persoas adultas que veñen ao taller, xa veredes que hai diferentes tipos de traballos e tamén niveis de aprendizaxe. Botade un ollo no que andan a traballar.
sábado, 6 de dezembro de 2014
TALLER DE ZACANDE
Aquí vai un vídeo da actividade con barro do taller de Zacande, espero que o gocedes!
terça-feira, 2 de dezembro de 2014
O TALLER EN ZACANDE
Velaquí o traballo do grupo de cativ@s do meu taller de pintura en Meis, o taller está en Zacande. É un lugar moi especial, por ser o meu taller de pintura, e a contorna onde se atopa é ben linda. Xa estades ubicad@s!
Vou ir colgando unhas imaxes dun traballo que comezamos hai dúas semanas, proposta: a realización de diferentes tipos de casas con barro. Hai unha primeira fase deste traballo que consiste en amasar o barro, é un traballo de constancia, presión, axilidade...o barro ten que estar no punto exacto para traballar con el, é como se fose unha masa para un pan, hai que amasalo de xeito semellante.Aquí van as imaxes da primeira fase do exercicio, o amasado. Xa veredes que ben o pasaron!!

quarta-feira, 12 de novembro de 2014
CHEGOU O MOMENTO ADULTO
Este blogue comezou como un espazo para difundir e visualizar os traballos dos grupos de nen@s ás que dou aulas, tamén o meu traballo con el@s. Agora propóñome difundir o traballo que fago nos talleres con persoas adultas. As alumnas destes talleres son mulleres, á excepción dun caso, curioso...ou non. Estou acostumada a ver máis mulleres nas clases de inglés, na facultade, na ximnasia. Pero pola contra iso non se traduce en que vexa máis artistas mulleres nas exposicións,etc... Deixaremos este debate para outra ocasión.
Quero dicir que xa levo uns anos traballando con estes grupos de mulleres, así que hai certa confianza e coñecemento das persoas que asisten as clases. Cada unha delas garda unha historia persoal e do seu contacto coa pintura, irei comentando algunha destas historias no blogue, tratando de non vulnerar espazos persoais e co consentimento delas. Creo que estas historias persoais son interesante para analizar o que supón a pintura para estas mulleres adultas.
Comezarei polo grupo da Asociación de Mulleres Rurais Adro Vello de O Grove

![]() |
segunda-feira, 27 de outubro de 2014
AGORA TÓCALLE AO GRUPO DOS "UN POUQUIÑO MÁIS MAIORES" DE CARCACÍA
Velaquí o noso outro grupo de Carcacía que está formado con nen@s de nove a catorce anos. Comezamos as aulas en Xullo, durante ese mes estiveron explorando coas cores primarias e as súas posíbeis combinacións. En agosto, como facía "tan bo tempo", saímos a debuxar e pintar fora. Cerca da Asociación onde damos aulas están as casas dos nos@s alumn@s, que conforman a paisaxe da contorna. Así decidimos pintar a paisaxe nuns lenzos, as cores son acrílicas. O obxectivo deste exercicio non é o realismo á ora de plasmar a paisaxe, senón que durante este proceso de pintar unha paisaxe,@s alumn@s comezan a traballar con recursos como pequeno e grande á hora de representar o afastado e o que está preto, tamén practican mesturas e combinacións de cores. Agora, entrando en novembro, o noso grupo case ten rematada esta paisaxe, foron moitas horas adicadas a este pequeno cadro, pero asegúrovos que a constancia e o interese con que pintaron dou uns moi bos resultados. Aquí vai a nosa galería de imaxes.
terça-feira, 7 de outubro de 2014
MÁIS COUSIÑAS DAS NOSAS CATIVAS DE CARCACIA
Este é un exercicio que xa teño proposto noutras ocasións, funciona moi ben c@s nen@s de entre tres e cinco anos. Tirad@s encima de papel continuo márcase a contorna do seu corpo, elas/es teñen que recortar e decorar a súa propia silueta. E un exercicio que fai que conecten coa dimensión do seu propio corpo, tamén transgriden as normas habituais de traballar con formato pequeno enriba dunha mesa, axúdalles a plasmar a súa visión interna ou a proxectar unha imaxe diferente de si mesmas. É un exercicio de longo percorrido... teñen que realizalo en barias clases. Cando rematen a decoración pegarémolo en cartón, xa que o papel continuo é un material moi feble, e poderán levalo para a casa para colgar nalgún lugar especial... pode ser a súa habitación!!, xa que @s nen@s nestas idades gústalles medirse coa súa silueta e comparar o seu aspecto con ela.

segunda-feira, 6 de outubro de 2014
@S ALUMN@S DE CARCACÍA

Assinar:
Comentários (Atom)