terça-feira, 7 de outubro de 2014

MÁIS COUSIÑAS DAS NOSAS CATIVAS DE CARCACIA

Este é un exercicio que xa teño proposto noutras ocasións,  funciona moi ben c@s nen@s de entre tres e cinco anos. Tirad@s encima de papel continuo márcase a contorna do seu corpo, elas/es teñen que recortar e decorar a súa propia silueta. E un exercicio que fai que conecten coa dimensión do seu propio corpo, tamén transgriden as normas habituais de traballar con formato pequeno enriba dunha mesa, axúdalles a plasmar a súa visión interna ou a proxectar unha imaxe diferente de si mesmas. É un exercicio de longo percorrido... teñen que realizalo en barias clases. Cando rematen a decoración pegarémolo en cartón, xa que o papel continuo é un material moi feble, e poderán levalo para a casa para colgar nalgún lugar especial... pode ser a súa habitación!!, xa que @s nen@s nestas idades gústalles medirse coa súa silueta e comparar o seu aspecto con ela.










2 comentários:

Unknown disse...

gustame moito a tua paxina e o teu traball0.
ANA FERNANDEZ

o_CAIXÓN disse...

Grazas Ana!