segunda-feira, 27 de outubro de 2014

AGORA TÓCALLE AO GRUPO DOS "UN POUQUIÑO MÁIS MAIORES" DE CARCACÍA

Velaquí o noso outro grupo de Carcacía que está formado con nen@s de nove a catorce anos. Comezamos as aulas en Xullo, durante ese mes estiveron explorando coas cores primarias e as súas posíbeis combinacións. En agosto, como facía "tan bo tempo", saímos a debuxar e pintar fora. Cerca da Asociación onde damos aulas están as casas dos nos@s alumn@s, que conforman a paisaxe da contorna. Así decidimos pintar a paisaxe nuns lenzos, as cores son acrílicas. O obxectivo deste exercicio non é o realismo á ora de plasmar a paisaxe, senón que durante este proceso de pintar unha paisaxe,@s alumn@s  comezan a traballar con recursos como pequeno e grande á hora de representar o afastado e o que está preto, tamén practican mesturas e combinacións de cores. Agora, entrando en novembro, o noso grupo case ten rematada esta paisaxe, foron moitas horas adicadas a este pequeno cadro, pero asegúrovos que a constancia  e o interese con que pintaron dou uns moi bos resultados. Aquí vai a nosa galería de imaxes.




















Nenhum comentário: