sexta-feira, 1 de agosto de 2014

ALGUNHAS ACLARACIÓNS DAS MODIFICACIÓNS DO BLOGUE...

Este blogue foi creado para a difusión do traballo que facía cun grupo de nen@s no Grobe, era un grupo de traballo creado entorno a unha galería de arte, a "Galería Besada".Por mudanza de vivenda, esa etapa rematou e agora comeza unha nova.
Decidín non mudar os contidos que xa tiña o blogue antes, xa que transmiten o xeito de traballo nas miñas clases. Así, vou ir engadindo máis contidos que teñen que ver cos traballos que fago con novos grupos e tamén outro tipo de contidos relacionados coa educación e coa plástica.
Mudei o nome do blogue, xa que o anterior estaba vinculado á Galería,e decidinme por este "O Caixón Baleiro". Un caixón baleiro é un espazo que podemos pensar para encher con novas cousas, con novas ideas, con tesouros... e sobre todo que fará voar a nosa imaxinación.

Nenhum comentário: