ESTE QUERE SER UN ESPAZO PARA O COÑECEMENTO DA PLÁSTICA, A CREACIÓN E A APRENDIZAXE.
segunda-feira, 27 de outubro de 2014
AGORA TÓCALLE AO GRUPO DOS "UN POUQUIÑO MÁIS MAIORES" DE CARCACÍA
Velaquí o noso outro grupo de Carcacía que está formado con nen@s de nove a catorce anos. Comezamos as aulas en Xullo, durante ese mes estiveron explorando coas cores primarias e as súas posíbeis combinacións. En agosto, como facía "tan bo tempo", saímos a debuxar e pintar fora. Cerca da Asociación onde damos aulas están as casas dos nos@s alumn@s, que conforman a paisaxe da contorna. Así decidimos pintar a paisaxe nuns lenzos, as cores son acrílicas. O obxectivo deste exercicio non é o realismo á ora de plasmar a paisaxe, senón que durante este proceso de pintar unha paisaxe,@s alumn@s comezan a traballar con recursos como pequeno e grande á hora de representar o afastado e o que está preto, tamén practican mesturas e combinacións de cores. Agora, entrando en novembro, o noso grupo case ten rematada esta paisaxe, foron moitas horas adicadas a este pequeno cadro, pero asegúrovos que a constancia e o interese con que pintaron dou uns moi bos resultados. Aquí vai a nosa galería de imaxes.
terça-feira, 7 de outubro de 2014
MÁIS COUSIÑAS DAS NOSAS CATIVAS DE CARCACIA
Este é un exercicio que xa teño proposto noutras ocasións, funciona moi ben c@s nen@s de entre tres e cinco anos. Tirad@s encima de papel continuo márcase a contorna do seu corpo, elas/es teñen que recortar e decorar a súa propia silueta. E un exercicio que fai que conecten coa dimensión do seu propio corpo, tamén transgriden as normas habituais de traballar con formato pequeno enriba dunha mesa, axúdalles a plasmar a súa visión interna ou a proxectar unha imaxe diferente de si mesmas. É un exercicio de longo percorrido... teñen que realizalo en barias clases. Cando rematen a decoración pegarémolo en cartón, xa que o papel continuo é un material moi feble, e poderán levalo para a casa para colgar nalgún lugar especial... pode ser a súa habitación!!, xa que @s nen@s nestas idades gústalles medirse coa súa silueta e comparar o seu aspecto con ela.


segunda-feira, 6 de outubro de 2014
@S ALUMN@S DE CARCACÍA


Assinar:
Comentários (Atom)


















